martes, 4 de agosto de 2026
Contamos cunha nova versión da nosa páxina web: https://cedofeita.org . Nela podemos atopar todos os números da revista dixitalizados e descargables, un índice eshaustivo de todos os seus contidos, relación de actividades realizadas pola nosa asociación desde a fundación, a publicación "Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita.", a exposición sobre a Caixa Rural dixitalizada e outras novas de interese.
domingo, 19 de abril de 2026
sábado, 10 de julio de 2021
Libro sobre a historia de Lérez
Acabamos de publicar, a través do concello de Pontevedra, un libro sobre a historia de Lérez que recolle o máis importante sucedido na parroquia dende a prehistoria ata o tempo presente. Está editado en papel e tamén pode verse e descargarse na seguinte dirección: https://www.pontevedra.gal/publicacións/Historia-de-Lerez/
jueves, 24 de octubre de 2019
miércoles, 31 de julio de 2019
lunes, 22 de octubre de 2018
domingo, 21 de enero de 2018
Charla sobre velutinas
Venres
Culturais cedofeita
A
asociación Sociocultural
Cedofeita de
Lérez comprácense en
convidar a vostede á charla informativa A INVASIÓN DAS
VELUTINAS (abellas asiáticas)
a cargo do “Grupo de voluntariado de loita cntra a velutina do
Concello de Pontevedra”.
-
Identificación desta abella invsora.
-
Consecuencias das súas picaduras e para o agro.
-
Métodos de eliminación de exames.
-
Preparación de trampas e elaboracións de atraentes.
-
venres, 26 de xaneiro de 2018, ás 20:00 h.
-
na Casa da Cultura de Lérez.
Entrada
de balde ata completar aforo
jueves, 20 de abril de 2017
Representación de "A Lola"
A asociación socio
cultural CEDOFEITA de Lérez na súa programación dos Venres
Culturais contará o vindeiro venres, día 28, ás oito e media da
tarde e na Casa da Cultura de Lérez coa actuación do grupo AVELAÍÑA
Teatro que porá en escena a obra “A Lola” da autoría de Manuel
Ayán.
A Lola son
todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo
terror franquista.
O relato xoga co
presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado ( os anos da 2ª
República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo
de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina "pasado
non ausente" ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos
da represión postgolpe segue a determinar as vidas e as condutas de
varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a
superación do trauma.
David e Teresa,
mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade
española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo a
seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a
historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro
momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos
ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na obra recréase
o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a
sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos
golpistas fronte ás ideas constitucionais de progreso e liberdade.
A entrada será de
balde e libre ata completar o aforo.
martes, 4 de octubre de 2016
Presentación revista CEDOFEITA nº 20.
O vindeiro xoves,
día seis de outubro, na Casa das Campás, ás oito da tarde,
a asociación sociocultural CEDOFEITA presentará en Pontevedra o
número 20 da revista CEDOFEITA. O acto contará coas intervencións
de tres dos autores de artigos do número: Loli Beloso, autora do
artigo “Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda: compromiso con todo o
que fai ben” sobre esta parella de escritores tan relacionados
coas nosas letras; Amancio Castro, que en coautoría con José
Carlos Ríos e Juan Ramón López colaborou co artigo “A voltas
polo Lérez” no que nos propoñen unha interesante proposta de
roteiros polo Lérez relacionándoos co famoso problema matemático
das sete pontes de Könisberg e Xosé Álvarez co artigo: “ O
mosteiro de Lérez. Aspectos económicos” no que nos achega ás
propiedades que tivo dito mosteiro e aspectos como os foros, as
cargas señoriais, extensión territorial, etc.
Ademais, neste
número trátanse temas de carácter histórico: Xosé Abilleira
sobre o primeiro abade de Lérez Guntado, Mateo Fontán sobre a
historia do Pontevedra C.F. e Alfonso Mumary sobre a heráldica
pontevedresa; María Abelleira escribe sobre a toponimia como valor
cultural; sobre literatura, José Manuel Ramos achéganos ao poeta
lerezán J. Bautista Andrade, Loli Tobío a Manuel María como home e
poeta e Teresa Fraga ofrécenos os seus poemas. Sobre a memoria de
Lérez, Benigno García conta a historia dunha casa de acollida duns
emigrantes en América e Mª del Carmen Pereira achéganos a
lembranza da súa avoa. Juan Casalderrey proporciona unha interesante
lección sobre os diversos tipos de palletas e pallóns de gaita. Non
faltan tampouco as seccións habituais de humor, novos cultivos,
actividades, etc.
A asociación
convida a todos os pontevedreses e pontevedresas a asistir a este
acto e a compartir este novo número de Cedofeita.
jueves, 4 de agosto de 2016
Exposición anual de agosto. 2016.
Inauguración da exposición adicada ao fotógrafo RODRI, estará aberta no mosteiro de Lérez ata o día 8 en horario de mañá (11 a 14) e de tarde (19-22).
jueves, 28 de abril de 2016
Venres cultural adicado a Manuel María.
NOTA DE PRENSA
Venres Culturais Cedofeita
A Asociación Cedofeita organiza un acto en homenaxe a Manuel María
Dentro do ciclo dos “Venres Culturais Cedofeita”, o do vindeiro día 29,
terá como protagonista a Manuel María, poeta, narrador e dramaturgo de
recoñecido prestixio e extensa obra, cun profundo compromiso con Galicia.
Ademais, é o autor escollido pola Real Academia Galega para ser o
protagonista das Letras Galegas do presente ano.
Como vén sendo habitual, a cita será na Casa da Cultura de Lérez, ás
20,30 h. Nesta ocasión Cedofeita conta coa colaboración do Colexio de Lérez,
algúns de cuxos alumnos/as poñerán voz a versos do poeta da Terra Cha.
A presentación o acto correrá a cargo de Xaime Iglesias e Loli Tobío,
licenciada en Filoloxía Hispánica e relacionada co mundo da literatura, ofrecerá
aos asistentes unha visión do percurso vital e literario do escritor
homenaxeado. Pecharán o acto os escolares de Lérez brindando ao público
unha escolma do poemario de Manuel María, “Os soños na gaiola”.
O próximo “Venres Cultural” presentará a Montse Fajardo, quen
pronunciará unha conferencia baixo o título "A represión sobre as mulleres tras
o golpe de estado do 36" Será o 27 de maio, ás 20:30 h., na Casa da Cultura
de Lérez. Coma sempre, a entrada será de balde ata completar aforo.
Lérez, 26 de abril de 2016
lunes, 14 de marzo de 2016
Venres culturais: Historia e economía do mosteiro de Lérez.
A asociación sociocultural de Lérez CEDOFEITA continúa coas actividades das xornadas de conmemoración do 1100 aniversario da fundación do mosteiro bieito de San Salvador de Lérez. Despois da excelente acollida que tivo a charla sobre os aspectos arquitectónicos e artísticos, tócalle agora tratar outros aspectos como a historia e a economía, que correrá a cargo de Xosé Álvarez Castro, profesor de historia e autor de diversos libros e publicacións . Na charla trataranse cun enfoque divulgativo diversos momentos da vida do mosteiro: a fundación, actos solemnes que alí tiveron lugar, os momentos menos brillantes cos abades comendatarios, etc. No apartado da economía farase un repaso ás propiedades do mosteiro en diversas localidades da provincia, aos distintos tipos de explotación das mesmas, inventarios, dereitos señoriais, entre outros temas.
A charla terá lugar na Casa da Cultura de Lérez, o vindeiro VENRES, DÍA 18 de marzo ás oito e media da tarde e con entrada de balde.
A charla terá lugar na Casa da Cultura de Lérez, o vindeiro VENRES, DÍA 18 de marzo ás oito e media da tarde e con entrada de balde.
miércoles, 27 de enero de 2016
Venres cultural xaneiro 2016
A
Asociación Cedofeita retoma a conferencia
"O
marabilloso legado cultural e humano de Isaac Díaz Pardo”
da
escritora Loli Beloso
A
conferencia,
"O
marabilloso legado cultural e humano de Isaac Díaz Pardo”,
que fora suspendida o pasado mes de novembro a causa do pasamento de
Neira Vilas, será pronunciada pola escritora
Loli
Beloso
Neira
o
próximo venres, día 29 do presente mes, ás 20,30 h., na Casa da
Cultura de Lérez.
Loli
Beloso naceu nunha aldea da provincia da Coruña, pero desde moi nena
criouse na parroquia de Tomeza (Pontevedra) cuns tíos seus que non
tiñan fillos. Aos oito anos ingresou nunha escola da vila de
Pontevedra que non lle gustaba nada porque botaba de menos aos seus
amigos e a súa aldea.
A
vocación de escritora vénlle desde aquela, pois no colexio, debaixo
dunha roseira, escribía as súas cousas que a facían soñar e ser
feliz e, aos nove anos, déronlle un premio nun concurso de
redacción. Leva escrito tres libros dirixidos á infancia sobre
tres personaxes galegos de gran carisma: “Isaac
Díaz Pardo para as nenas e nenos galegos”,
“Luís Seoane para nenos” e
vén de presentar recentemente
“Xosé
Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nosos nenos”
Os
beneficios que se deriven da venda destas publicacións irán
destinados integramente á Fundación de Medicina Xenómica que
dirixe o Dr. Ángel Carracedo da Universidade de Santiago, o que pon
de manifesto a extraordinaria calidade persoal e humana da autora.
Na conferencia que impartirá na Casa da
Cultura de Lérez, Loli Beloso tentará,dar a coñecer a Isaac Díaz
Pardo desde os puntos de vista humano e cultural, coa intención de
que sempre sexa lembrado e querido, pois, como ben di, o esquecemento
é o que verdadeiramente causa a morte.
Os
próximos “Venres Culturais” estarán dedicados ao mosteiro de
Lérez (arte, historia, economía) que neste ano cumpre mil cen anos
da súa fundación. Serán os días 26 de febreiro e 18 de marzo, ás
20:30 h., na Casa da Cultura de Lérez e terán como relatores a
Xaime Iglesias e Xosé Álvarez. Coma sempre, a entrada será de
balde ata completar aforo.
Lérez,
25 de xaneiro de 2016.
martes, 22 de septiembre de 2015
sábado, 1 de agosto de 2015
sábado, 23 de mayo de 2015
O ferreiro, un brazo máis de labregos e artesáns.
O vindeiro venres, 29 de maio, ás 8 e media, na Casa da Cultura de Lérez e dentro dos Venres Culturais de CEDOFEITA, Antonio Vázquez achegarános ao mundo do traballo do ferro. Entrada de balde ata completar o aforo.
lunes, 20 de abril de 2015
Actividades en abril
Venres
Culturais CEDOFEITA
A
Asociación Sociocultural CEDOFEITA
de Lérez comprácese en convidar a vostede á conferencia
”Campanarios:
arquitectura e funcións”
que
pronunciará
Benigno García Casalderrey
- Venres, 24 de abril, de 2015, ás 20.30 h.
- Casa da Cultura de Lérez.
A
Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez
comprácese
en convidar a vostede ó
“Roteiro
do Lérez ó Rons”
Domingo,
26 de abril de 2015.
Saída:
ás 9,30 h.do mosteiro de Lérez.
-
Distancia estimada, 10 km. Duración aproximada, 4 h. Dificultade
media.
-
Os asistentes virán provistos de calzado e roupa axeitados.
sábado, 14 de marzo de 2015
Nova directiva e actividades para 2015
A
asociación Cedofeita na última asemblea aprobou o programa de
actividades para 2015 e renovou a composición da directiva: Xosé
Álvarez deixa a presidencia resultando elixido novo presidente Xaime
Iglesias e prodúcense novas incorporacións como se detalla máis
adiante.
Programa
de actividades. 2015
- Venres Culturais (charlas, actuacións musicais, coloquios, proxeccións...). Todos os últimos venres de mes (agás puntuais excepcións), de outubro a abril/maio, ás 20,30 h., na Casa da Cultura. Están programados os seguintes:
- 27 de marzo. Charla de Mercedes Torres Hermida
“Chamadeiros:
nomes dos lugares dos arredores de Pontevedra”.
- 24 de abril. Charla de Benigno García Casalderrey
“Campanarios:
arquitectura e funcións”
- 29 de maio. Charla de Antonio Vázquez Iglesias
“O
ferreiro, un brazo máis de labregos e artesáns”
Os “Venres Culturais” seguintes
daranse a coñecer oportunamente.
- Roteiro. Domingo, 26 de abril. “Do Lérez ó Rons”. Saída ás 9, 30 h. do mosteiro de Lérez. Dificultade media. Duración aproximada 4 h. Observaremos aspectos xeográficos, paisaxísticos e etnográficos.
- Concerto-Baile. Sábado, 6 de xuño, a partir das 21,30 h. “A música na miña vida” a cargo de Manolo Canosa. Entrada libre ata completar aforo.
- Viaxe cultural. Domingo, 14 de xuño. Saída do mosteiro de Lérez, ás 08,30 h
Visitarase
a zona de Castro Caldelas, Trives, A Rúa, O Bolo. Observaremos
aspectos de interese paisaxístico, monumental, cultural, etc.
O prezo por persoa será o resultado
de dividir os gastos (transporte e xantar) entre os asistentes. As
prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. Para reservar debe
contactarse con calquera dos membros da directiva antes do día 31 de
maio.
- Exposición. Terá lugar os primeiros días de agosto. O tema deste ano é medios de locomoción e transporte relacionados con Lérez.
Solicitamos
a colaboración dos socios, en especial, na localización de
fotografías:
- fotografías de todo tipo de vehículos de xente de Lérez: carretas, remolques de man, carros de vacas, tractores, chimpins, bicicletas, motos, isocarros, coches, camións, podendo ser con carga e/ou coas persoas propietarias ou usuarias.
- Fotografías de persoas de Lérez nun autobús, no tren, nun avión, nun barco...
- Fotografías de animais de tiro e/ou carga como burro, cabalo… mellor con carga e/ou cos seus propietario/usuarios.
- Fotografías de persoas cargadas con cestos, feixes, sacos…, ó lombo, na cabeza…
- Calquera outra fotografía ou obxecto relacionado con este tema.
Nota,
As fotografías que se faciliten devolveranse despois de facerlles
unha copia.
- Feira Franca. Como vén sendo habitual, Cedofeita participará na Feira Franca, este ano cun obradoiro de elaboración de papel a partir de palla.
- Actividades micolóxicas. Charla sobre cogomelos e saída de campo. As datas (en outubro ou novembro) fixaranse dependendo das condicións do tempo.
- Publicación do nº 19 da revista CEDOFEITA.
Convidamos a todos os socios/as a
colaborar na revista con artigos. O equipo redactor está á vosa
disposición para prestar calquera tipo de axuda técnica
(documental, fotográfica, lingüística...).Os traballos deberán
enviarse antes do 31 de xullo.
- Presentacion da revista farase no mes de setembro no lugar e data que se dará a coñecer oportunamente.
NOTAS:
- A Asociación CEDOFEITA, como entidade aberta e plural, convida a todos os seus asociados/as a participar nas actividades programadas.
- Ademais, agradece as vosas suxestións para a organización destes e outros actos, así como para a posible formación de grupos de traballo sobre diversos temas (teatro, toponimia, historia, patrimonio, medio ambiente…)
- Dispoñemos de revistas sobrantes desde o número 1 ó 18. Se algún socio/a necesita algunha, pode solicitala á xunta directiva. Reservarase certa cantidade de cada número para o arquivo e o resto entregaranse por orde de petición ata esgotarse.
- Rogamos a todas as socias e socios que dispoñan de correo electrónico nolo fagan chegar para axilizar e abaratar os comunicados relacionados coa asociación. Para este fin deberán enviar un correo electrónico a acedofeita@yahoo.es, indicando no texto nome, dous apelidos e DNI. Se houbese algún cambio nalgún dato (domicilio, teléfono, IBAN bancario, etc,) podedes aproveitar para comunicalo.
- Para calquera dos asuntos mencionados (viaxe cultural, fotografías para a exposición, , artigos para a revista, suxestións, etc.), así como para calquera proposta, podedes contactar coa asociación por medio do correo electrónico antes citado, nos teléfonos
986 87 12 52 (Jaime), 986 87 13 03
(Benigno), 636 29 98 05 (X. Luís Solla), 986 87 15 69
(Pepe) ou persoalmente con calquera membro da Xunta Directiva.
Composición
da Xunta directiva
- Presidente: Jaime Iglesias González
- Vivcepresidente: Benigno García Casalderrey
- Secretario: José Luís Estévez Solla.
- Tesoureiro: José Manuel Castro Méndez
- Vogais: Xosé Álvarez Castro
Jaime
Barreiro Montes
Eva
Cochón Moledo
Mª
José Donsión Couselo
José
Grandal Sanjorge
José
Quinteiro Piñeiro
Mª
Dolores Tobío Iglesias
Antonio
Vázquez Iglesias
miércoles, 25 de febrero de 2015
Asemblea xeral e Venres Cultural
A
Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o
antropólogo e xornalista Germán Ermida
Continuando
coa programación dos xa habituais “Venres Culturais Cedofeita”,
a Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o antropólogo e
xornalista Germán Ermida. Será o próximo venres, día 27 do
presente mes, ás 20,30 h.
Desde
hai quince anos, Germán Ermida vén desempeñando tarefas de
redactor en Culturagalega.org, prestando unha especial atención aos
campos da música, o asociacionismo cultural, o patrimonio, a banda
deseñada e a literatura. En paralelo, desenvolve unha intensa tarefa
no campo asociativo en diferentes entidades. Desde hai máis de vinte
anos e ten colaborado en publicacións como "Tempos novos".
"Novas da Galiza", "Sermos Galiza", "BD
Banda", "Boletín galego de literatura" e "Adra".
Tamén ten participado en charlas e mesas redondas sobre diversas
cuestións.
Ademais.
na actualidade mantén o blog http://donatural.blogaliza.org,onde
reflexiona sobre diferentes cuestións vencelladas á identidade e ao
patrimonio cultural.
Na
conferencia que impartirá na Casa da Cultura de Lérez, Germán
Ermida tentará, con máis preguntas que respostas, abordar a
complexa problemática do que se deu en chamar feísmo, termo aínda
sen perfilar, que pode referirse a aquelas construcións e
realizacións humanas caracterizadas por un alto grao de
mediocridade.
Hoxe
en día, os medios de comunicación e a propia administración
presentan o feísmo como un problema urxente para a sociedade
galega. No entanto, detrás desta idea existe toda unha serie de
preconceptos, relacións de poder e cuestións sociais que non sempre
resultan evidentes e que Germán Ermida pretende esclarecer
formulando interrogantes como, até que punto o feísmo existe ou
simplemente se quere ver? Quen determina o que é feo? E, detrás da
uralita e do tixolo à vista, non haberá outros problemas máis
graves? A conferencia irá acompañada de exemplos gráficos sobre os
que debater estas e outras cuestións.
Para
o próximo mes de marzo a programación de “Venres Culturais
Cedofeita” ofrecerá a conferencia de Mercedes Torres sobre
toponimia dos arredores de Pontevedra. Tamén terá lugar na casa da
Cultura de Lérez, o venres, día 27, ás 20,30 h. Coma sempre, a
entrada será de balde ata completar aforo.
Asemblea Xeral Ordinaria
Data:
xoves, 12 de marzo de 2015.
Lugar:
Local social. Casa da Cultura. R/ Leandro del Río 12
Hora:
9 da noite.(en 2ª e definitiva convocatoria)
Orde do día:
1.º Lectura da acta
da sesión anterior e aprobación, se procede.
2ª Memoria de
actividades realizadas.
3º Plano anual de
actividades para 2015.
4º Estado de contas
e orzamento para o próximo exercicio.
5º Rogos e
preguntas.
Asemblea Xeral Extraordinaria
A continuación da
asemblea sinalada anteriormente, terá lugar Asemblea Xeral
Extraordinaria coa seguinte :
Orde do día:
Punto único: Elección
de Xunta Directiva.
Nota:
As candidaturas para Xunta Directiva poderán presentarse ata unha hora
antes da hora de comezo da Asemblea Ordinaria ( 8 da noite) no local
social ou dirixíndose ao secretario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







