martes, 11 de enero de 2011

Premio Cidade de Pontevedra

O xurado do premio Cidade de Pontevedra acaba de concederllo, no seu apartado de personas xurídicas, á nosa asociación.
Cedofeita quere dar as grazas á entidade que fixo a proposta (Federación de Veciños Teucro), aos membros do xurado que nos consideraron merecedores de tal distinción e ao concello de Pontevedra como entidade que os concede.
Consideramos que con este premio non só se está recoñecendo o labor de CEDOFEITA, senón tamén a todas as asociacións do concello de Pontevedra que comparten con nós un traballo cultural de base, de investigación e divulgación, tan necesario. Compartimos con estas asociacións e persoas, compañeiras nesta tarefa, o noso premio.
Queremos tamén participar da alegría dos nosos asociados e asociadas, amigos e amigas da nosa asociación porque son quen nos dan azos para continuar co noso labor.
Grazas.

1 comentario:

  1. Iria Garcia Patiño20 de enero de 2011, 10:16

    Moitas felicidades!!
    Por este premio tan ben merecido. Sodes un exemplo para as novas xeracións da parroquia do Lérez. A ver se nos oñemos as pilas e asociámonos para botar unha man!!.

    ResponderEliminar