Plano
de actividades:
- Conferencia: “Barriga Verde: monicreques en galego”, a cargo de Xaime Iglesias González. Sábado 12 de maio ás 8 e media da tarde. Casa da Cultura de Lérez.
2.
Roteiro “Polos
vellos camiños de Lérez”.
Domingo, 27 de
maio. A saída será dende a grada Norte
de Pasarón (xunto Mercadona) ás 10 da mañá e terá unha duración prevista de
4 horas.
3. Viaxe cultural. A
celebrar o domingo
10 de xuño. Faremos
unha viaxe a carón do Miño visitando Tui,
Salvaterra, Monçao e Melgaço para coñecer os aspectos de interés
da zona no eido paisaxístico, monumental, cultural, etc. Como é
habitual, o prezo por persoa será o resultado de dividir os gastos
(transporte e comida) entre os asistentes. As plazas serán 50
adxudicadas por orde de inscrición. Para reservar debe contactarse
con calquera dos membros da directiva antes do día 31 de maio.
4.
Exposición.
A
tradicional exposición anual terá como tema o mundo do
fútbol en Lérez
e, en especial o C.D. Lérez. Terá lugar os días 4, 5, 6 e 7 de
agosto no
mosteiro. Agradecemos a colaboración de todos os socios/as
mediante a
aportación de fotografías, obxectos ou de suxerencias sobre a
mesma.
5.
Está prevista a participación na Feira
Franca
cun obradoiro de fabricación
de papel.
6.
Roteiro
dos persoeiros de Lérez.
A celebrar o domingo
21 de outubro
con
saída ás dez da
mañá das inmediacións da grada Norte de Pasarón (xunto a
Mercadona).
Estará guiado e versará sobre a vida dos persoeiros máis
destacados da
nosa parroquia.
7.
Actividades
sobre micoloxía.
Charla sobre setas e saída de campo. Data: 10
de
novembro
(dependendo das condicións do tempo).
8.
Publicación do nº 16 da nosa revista
CEDOFEITA.
Convidamos a que
todos os socios
e socias interesados envíen as súas colaboracións ao equipo
redactor
da mesma antes do 1
de setembro.
O equipo redactor está á vosa
disposición
para prestar calquera tipo de axuda técnica que se precise
(lingüística,
documentación...).
NOTA: A
nosa entidade ten proxectado un amplo plano de actividades como un
ciclo de tertulias sobre diversos temas e a constitución de grupos
de traballo sobre diversas áreas como toponimia, historia e
patrimonio, etc. Estas actividades serán comunicadas no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario