A
Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o
antropólogo e xornalista Germán Ermida
Continuando
coa programación dos xa habituais “Venres Culturais Cedofeita”,
a Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o antropólogo e
xornalista Germán Ermida. Será o próximo venres, día 27 do
presente mes, ás 20,30 h.
Desde
hai quince anos, Germán Ermida vén desempeñando tarefas de
redactor en Culturagalega.org, prestando unha especial atención aos
campos da música, o asociacionismo cultural, o patrimonio, a banda
deseñada e a literatura. En paralelo, desenvolve unha intensa tarefa
no campo asociativo en diferentes entidades. Desde hai máis de vinte
anos e ten colaborado en publicacións como "Tempos novos".
"Novas da Galiza", "Sermos Galiza", "BD
Banda", "Boletín galego de literatura" e "Adra".
Tamén ten participado en charlas e mesas redondas sobre diversas
cuestións.
Ademais.
na actualidade mantén o blog http://donatural.blogaliza.org,onde
reflexiona sobre diferentes cuestións vencelladas á identidade e ao
patrimonio cultural.
Na
conferencia que impartirá na Casa da Cultura de Lérez, Germán
Ermida tentará, con máis preguntas que respostas, abordar a
complexa problemática do que se deu en chamar feísmo, termo aínda
sen perfilar, que pode referirse a aquelas construcións e
realizacións humanas caracterizadas por un alto grao de
mediocridade.
Hoxe
en día, os medios de comunicación e a propia administración
presentan o feísmo como un problema urxente para a sociedade
galega. No entanto, detrás desta idea existe toda unha serie de
preconceptos, relacións de poder e cuestións sociais que non sempre
resultan evidentes e que Germán Ermida pretende esclarecer
formulando interrogantes como, até que punto o feísmo existe ou
simplemente se quere ver? Quen determina o que é feo? E, detrás da
uralita e do tixolo à vista, non haberá outros problemas máis
graves? A conferencia irá acompañada de exemplos gráficos sobre os
que debater estas e outras cuestións.
Para
o próximo mes de marzo a programación de “Venres Culturais
Cedofeita” ofrecerá a conferencia de Mercedes Torres sobre
toponimia dos arredores de Pontevedra. Tamén terá lugar na casa da
Cultura de Lérez, o venres, día 27, ás 20,30 h. Coma sempre, a
entrada será de balde ata completar aforo.
Asemblea Xeral Ordinaria
Data:
xoves, 12 de marzo de 2015.
Lugar:
Local social. Casa da Cultura. R/ Leandro del Río 12
Hora:
9 da noite.(en 2ª e definitiva convocatoria)
Orde do día:
1.º Lectura da acta
da sesión anterior e aprobación, se procede.
2ª Memoria de
actividades realizadas.
3º Plano anual de
actividades para 2015.
4º Estado de contas
e orzamento para o próximo exercicio.
5º Rogos e
preguntas.
Asemblea Xeral Extraordinaria
A continuación da
asemblea sinalada anteriormente, terá lugar Asemblea Xeral
Extraordinaria coa seguinte :
Orde do día:
Punto único: Elección
de Xunta Directiva.
Nota:
As candidaturas para Xunta Directiva poderán presentarse ata unha hora
antes da hora de comezo da Asemblea Ordinaria ( 8 da noite) no local
social ou dirixíndose ao secretario.