Son días de tristura en Lérez: nesta noiteboa acaba de deixarnos Gonzalo Jar Couselo. Aínda no mes de agosto estivera entre nós visitando a exposición sobre os músicos de Lérez e asistindo aos recitais de Félix Cons e de Ramos e Canosa. Compartimos todos diversas cancións e tamén moitas emocións.
Ao despedirse e como facía sempre, na súa condición de membro entusiasta de CEDOFEITA , despois de gabar as actividades realizadas dixo o consabido
“¡ Que difícil vai ser melloralo o ano que ven! ¡ A ver con que nos sorprendedes!”.
Pero a enfermidade non lle permitiu volver ao seu querido Lérez, falar cos amigos, preguntar por as novidades...
Non é este o lugar para falar dos seus méritos como militar ou como especialista en dereito internacional, para nós foise un membro da asociación e colaborador da nosa revista, unha persoa namorada de Lérez e as súas xentes, da nosa cultura e da nosa lingua, defensor do medio ambiente e do río Lérez que tan ben coñecía...
Compartimos a dor destes momentos coa súa familia e amigos.
O seguinte enlace lévanos a un artigo de Gonzalo Jar na revista CEDOFEITA. http://www.arcanaverba.org/cedofeita/rc10/lembranzas.pdf
E tamén outro enlace a un blog que fala del e con comentarios de persoas moi queridas:
http://eolapaz2.blogspot.com/2009/04/gonzalo-jar-couselo.html
lunes, 28 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario