A
Asociación Cedofeita retoma a conferencia
"O
marabilloso legado cultural e humano de Isaac Díaz Pardo”
da
escritora Loli Beloso
A
conferencia,
"O
marabilloso legado cultural e humano de Isaac Díaz Pardo”,
que fora suspendida o pasado mes de novembro a causa do pasamento de
Neira Vilas, será pronunciada pola escritora
Loli
Beloso
Neira
o
próximo venres, día 29 do presente mes, ás 20,30 h., na Casa da
Cultura de Lérez.
Loli
Beloso naceu nunha aldea da provincia da Coruña, pero desde moi nena
criouse na parroquia de Tomeza (Pontevedra) cuns tíos seus que non
tiñan fillos. Aos oito anos ingresou nunha escola da vila de
Pontevedra que non lle gustaba nada porque botaba de menos aos seus
amigos e a súa aldea.
A
vocación de escritora vénlle desde aquela, pois no colexio, debaixo
dunha roseira, escribía as súas cousas que a facían soñar e ser
feliz e, aos nove anos, déronlle un premio nun concurso de
redacción. Leva escrito tres libros dirixidos á infancia sobre
tres personaxes galegos de gran carisma: “Isaac
Díaz Pardo para as nenas e nenos galegos”,
“Luís Seoane para nenos” e
vén de presentar recentemente
“Xosé
Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nosos nenos”
Os
beneficios que se deriven da venda destas publicacións irán
destinados integramente á Fundación de Medicina Xenómica que
dirixe o Dr. Ángel Carracedo da Universidade de Santiago, o que pon
de manifesto a extraordinaria calidade persoal e humana da autora.
Na conferencia que impartirá na Casa da
Cultura de Lérez, Loli Beloso tentará,dar a coñecer a Isaac Díaz
Pardo desde os puntos de vista humano e cultural, coa intención de
que sempre sexa lembrado e querido, pois, como ben di, o esquecemento
é o que verdadeiramente causa a morte.
Os
próximos “Venres Culturais” estarán dedicados ao mosteiro de
Lérez (arte, historia, economía) que neste ano cumpre mil cen anos
da súa fundación. Serán os días 26 de febreiro e 18 de marzo, ás
20:30 h., na Casa da Cultura de Lérez e terán como relatores a
Xaime Iglesias e Xosé Álvarez. Coma sempre, a entrada será de
balde ata completar aforo.
Lérez,
25 de xaneiro de 2016.
No hay comentarios:
Publicar un comentario