A
asociación Cedofeita na última asemblea aprobou o programa de
actividades para 2015 e renovou a composición da directiva: Xosé
Álvarez deixa a presidencia resultando elixido novo presidente Xaime
Iglesias e prodúcense novas incorporacións como se detalla máis
adiante.
Programa
de actividades. 2015
- Venres Culturais (charlas, actuacións musicais, coloquios, proxeccións...). Todos os últimos venres de mes (agás puntuais excepcións), de outubro a abril/maio, ás 20,30 h., na Casa da Cultura. Están programados os seguintes:
- 27 de marzo. Charla de Mercedes Torres Hermida
“Chamadeiros:
nomes dos lugares dos arredores de Pontevedra”.
- 24 de abril. Charla de Benigno García Casalderrey
“Campanarios:
arquitectura e funcións”
- 29 de maio. Charla de Antonio Vázquez Iglesias
“O
ferreiro, un brazo máis de labregos e artesáns”
Os “Venres Culturais” seguintes
daranse a coñecer oportunamente.
- Roteiro. Domingo, 26 de abril. “Do Lérez ó Rons”. Saída ás 9, 30 h. do mosteiro de Lérez. Dificultade media. Duración aproximada 4 h. Observaremos aspectos xeográficos, paisaxísticos e etnográficos.
- Concerto-Baile. Sábado, 6 de xuño, a partir das 21,30 h. “A música na miña vida” a cargo de Manolo Canosa. Entrada libre ata completar aforo.
- Viaxe cultural. Domingo, 14 de xuño. Saída do mosteiro de Lérez, ás 08,30 h
Visitarase
a zona de Castro Caldelas, Trives, A Rúa, O Bolo. Observaremos
aspectos de interese paisaxístico, monumental, cultural, etc.
O prezo por persoa será o resultado
de dividir os gastos (transporte e xantar) entre os asistentes. As
prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. Para reservar debe
contactarse con calquera dos membros da directiva antes do día 31 de
maio.
- Exposición. Terá lugar os primeiros días de agosto. O tema deste ano é medios de locomoción e transporte relacionados con Lérez.
Solicitamos
a colaboración dos socios, en especial, na localización de
fotografías:
- fotografías de todo tipo de vehículos de xente de Lérez: carretas, remolques de man, carros de vacas, tractores, chimpins, bicicletas, motos, isocarros, coches, camións, podendo ser con carga e/ou coas persoas propietarias ou usuarias.
- Fotografías de persoas de Lérez nun autobús, no tren, nun avión, nun barco...
- Fotografías de animais de tiro e/ou carga como burro, cabalo… mellor con carga e/ou cos seus propietario/usuarios.
- Fotografías de persoas cargadas con cestos, feixes, sacos…, ó lombo, na cabeza…
- Calquera outra fotografía ou obxecto relacionado con este tema.
Nota,
As fotografías que se faciliten devolveranse despois de facerlles
unha copia.
- Feira Franca. Como vén sendo habitual, Cedofeita participará na Feira Franca, este ano cun obradoiro de elaboración de papel a partir de palla.
- Actividades micolóxicas. Charla sobre cogomelos e saída de campo. As datas (en outubro ou novembro) fixaranse dependendo das condicións do tempo.
- Publicación do nº 19 da revista CEDOFEITA.
Convidamos a todos os socios/as a
colaborar na revista con artigos. O equipo redactor está á vosa
disposición para prestar calquera tipo de axuda técnica
(documental, fotográfica, lingüística...).Os traballos deberán
enviarse antes do 31 de xullo.
- Presentacion da revista farase no mes de setembro no lugar e data que se dará a coñecer oportunamente.
NOTAS:
- A Asociación CEDOFEITA, como entidade aberta e plural, convida a todos os seus asociados/as a participar nas actividades programadas.
- Ademais, agradece as vosas suxestións para a organización destes e outros actos, así como para a posible formación de grupos de traballo sobre diversos temas (teatro, toponimia, historia, patrimonio, medio ambiente…)
- Dispoñemos de revistas sobrantes desde o número 1 ó 18. Se algún socio/a necesita algunha, pode solicitala á xunta directiva. Reservarase certa cantidade de cada número para o arquivo e o resto entregaranse por orde de petición ata esgotarse.
- Rogamos a todas as socias e socios que dispoñan de correo electrónico nolo fagan chegar para axilizar e abaratar os comunicados relacionados coa asociación. Para este fin deberán enviar un correo electrónico a acedofeita@yahoo.es, indicando no texto nome, dous apelidos e DNI. Se houbese algún cambio nalgún dato (domicilio, teléfono, IBAN bancario, etc,) podedes aproveitar para comunicalo.
- Para calquera dos asuntos mencionados (viaxe cultural, fotografías para a exposición, , artigos para a revista, suxestións, etc.), así como para calquera proposta, podedes contactar coa asociación por medio do correo electrónico antes citado, nos teléfonos
986 87 12 52 (Jaime), 986 87 13 03
(Benigno), 636 29 98 05 (X. Luís Solla), 986 87 15 69
(Pepe) ou persoalmente con calquera membro da Xunta Directiva.
Composición
da Xunta directiva
- Presidente: Jaime Iglesias González
- Vivcepresidente: Benigno García Casalderrey
- Secretario: José Luís Estévez Solla.
- Tesoureiro: José Manuel Castro Méndez
- Vogais: Xosé Álvarez Castro
Jaime
Barreiro Montes
Eva
Cochón Moledo
Mª
José Donsión Couselo
José
Grandal Sanjorge
José
Quinteiro Piñeiro
Mª
Dolores Tobío Iglesias
Antonio
Vázquez Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario