O venres 26 de setembro, ás 8 e media, na Casa da Cultura de Lérez.
martes, 22 de septiembre de 2015
sábado, 1 de agosto de 2015
sábado, 23 de mayo de 2015
O ferreiro, un brazo máis de labregos e artesáns.
O vindeiro venres, 29 de maio, ás 8 e media, na Casa da Cultura de Lérez e dentro dos Venres Culturais de CEDOFEITA, Antonio Vázquez achegarános ao mundo do traballo do ferro. Entrada de balde ata completar o aforo.
lunes, 20 de abril de 2015
Actividades en abril
Venres
Culturais CEDOFEITA
A
Asociación Sociocultural CEDOFEITA
de Lérez comprácese en convidar a vostede á conferencia
”Campanarios:
arquitectura e funcións”
que
pronunciará
Benigno García Casalderrey
- Venres, 24 de abril, de 2015, ás 20.30 h.
- Casa da Cultura de Lérez.
A
Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez
comprácese
en convidar a vostede ó
“Roteiro
do Lérez ó Rons”
Domingo,
26 de abril de 2015.
Saída:
ás 9,30 h.do mosteiro de Lérez.
-
Distancia estimada, 10 km. Duración aproximada, 4 h. Dificultade
media.
-
Os asistentes virán provistos de calzado e roupa axeitados.
sábado, 14 de marzo de 2015
Nova directiva e actividades para 2015
A
asociación Cedofeita na última asemblea aprobou o programa de
actividades para 2015 e renovou a composición da directiva: Xosé
Álvarez deixa a presidencia resultando elixido novo presidente Xaime
Iglesias e prodúcense novas incorporacións como se detalla máis
adiante.
Programa
de actividades. 2015
- Venres Culturais (charlas, actuacións musicais, coloquios, proxeccións...). Todos os últimos venres de mes (agás puntuais excepcións), de outubro a abril/maio, ás 20,30 h., na Casa da Cultura. Están programados os seguintes:
- 27 de marzo. Charla de Mercedes Torres Hermida
“Chamadeiros:
nomes dos lugares dos arredores de Pontevedra”.
- 24 de abril. Charla de Benigno García Casalderrey
“Campanarios:
arquitectura e funcións”
- 29 de maio. Charla de Antonio Vázquez Iglesias
“O
ferreiro, un brazo máis de labregos e artesáns”
Os “Venres Culturais” seguintes
daranse a coñecer oportunamente.
- Roteiro. Domingo, 26 de abril. “Do Lérez ó Rons”. Saída ás 9, 30 h. do mosteiro de Lérez. Dificultade media. Duración aproximada 4 h. Observaremos aspectos xeográficos, paisaxísticos e etnográficos.
- Concerto-Baile. Sábado, 6 de xuño, a partir das 21,30 h. “A música na miña vida” a cargo de Manolo Canosa. Entrada libre ata completar aforo.
- Viaxe cultural. Domingo, 14 de xuño. Saída do mosteiro de Lérez, ás 08,30 h
Visitarase
a zona de Castro Caldelas, Trives, A Rúa, O Bolo. Observaremos
aspectos de interese paisaxístico, monumental, cultural, etc.
O prezo por persoa será o resultado
de dividir os gastos (transporte e xantar) entre os asistentes. As
prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. Para reservar debe
contactarse con calquera dos membros da directiva antes do día 31 de
maio.
- Exposición. Terá lugar os primeiros días de agosto. O tema deste ano é medios de locomoción e transporte relacionados con Lérez.
Solicitamos
a colaboración dos socios, en especial, na localización de
fotografías:
- fotografías de todo tipo de vehículos de xente de Lérez: carretas, remolques de man, carros de vacas, tractores, chimpins, bicicletas, motos, isocarros, coches, camións, podendo ser con carga e/ou coas persoas propietarias ou usuarias.
- Fotografías de persoas de Lérez nun autobús, no tren, nun avión, nun barco...
- Fotografías de animais de tiro e/ou carga como burro, cabalo… mellor con carga e/ou cos seus propietario/usuarios.
- Fotografías de persoas cargadas con cestos, feixes, sacos…, ó lombo, na cabeza…
- Calquera outra fotografía ou obxecto relacionado con este tema.
Nota,
As fotografías que se faciliten devolveranse despois de facerlles
unha copia.
- Feira Franca. Como vén sendo habitual, Cedofeita participará na Feira Franca, este ano cun obradoiro de elaboración de papel a partir de palla.
- Actividades micolóxicas. Charla sobre cogomelos e saída de campo. As datas (en outubro ou novembro) fixaranse dependendo das condicións do tempo.
- Publicación do nº 19 da revista CEDOFEITA.
Convidamos a todos os socios/as a
colaborar na revista con artigos. O equipo redactor está á vosa
disposición para prestar calquera tipo de axuda técnica
(documental, fotográfica, lingüística...).Os traballos deberán
enviarse antes do 31 de xullo.
- Presentacion da revista farase no mes de setembro no lugar e data que se dará a coñecer oportunamente.
NOTAS:
- A Asociación CEDOFEITA, como entidade aberta e plural, convida a todos os seus asociados/as a participar nas actividades programadas.
- Ademais, agradece as vosas suxestións para a organización destes e outros actos, así como para a posible formación de grupos de traballo sobre diversos temas (teatro, toponimia, historia, patrimonio, medio ambiente…)
- Dispoñemos de revistas sobrantes desde o número 1 ó 18. Se algún socio/a necesita algunha, pode solicitala á xunta directiva. Reservarase certa cantidade de cada número para o arquivo e o resto entregaranse por orde de petición ata esgotarse.
- Rogamos a todas as socias e socios que dispoñan de correo electrónico nolo fagan chegar para axilizar e abaratar os comunicados relacionados coa asociación. Para este fin deberán enviar un correo electrónico a acedofeita@yahoo.es, indicando no texto nome, dous apelidos e DNI. Se houbese algún cambio nalgún dato (domicilio, teléfono, IBAN bancario, etc,) podedes aproveitar para comunicalo.
- Para calquera dos asuntos mencionados (viaxe cultural, fotografías para a exposición, , artigos para a revista, suxestións, etc.), así como para calquera proposta, podedes contactar coa asociación por medio do correo electrónico antes citado, nos teléfonos
986 87 12 52 (Jaime), 986 87 13 03
(Benigno), 636 29 98 05 (X. Luís Solla), 986 87 15 69
(Pepe) ou persoalmente con calquera membro da Xunta Directiva.
Composición
da Xunta directiva
- Presidente: Jaime Iglesias González
- Vivcepresidente: Benigno García Casalderrey
- Secretario: José Luís Estévez Solla.
- Tesoureiro: José Manuel Castro Méndez
- Vogais: Xosé Álvarez Castro
Jaime
Barreiro Montes
Eva
Cochón Moledo
Mª
José Donsión Couselo
José
Grandal Sanjorge
José
Quinteiro Piñeiro
Mª
Dolores Tobío Iglesias
Antonio
Vázquez Iglesias
miércoles, 25 de febrero de 2015
Asemblea xeral e Venres Cultural
A
Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o
antropólogo e xornalista Germán Ermida
Continuando
coa programación dos xa habituais “Venres Culturais Cedofeita”,
a Casa da Cultura de Lérez será o escenario da conferencia "Feísmo:
enfermidade ou síntoma?” que pronunciará o antropólogo e
xornalista Germán Ermida. Será o próximo venres, día 27 do
presente mes, ás 20,30 h.
Desde
hai quince anos, Germán Ermida vén desempeñando tarefas de
redactor en Culturagalega.org, prestando unha especial atención aos
campos da música, o asociacionismo cultural, o patrimonio, a banda
deseñada e a literatura. En paralelo, desenvolve unha intensa tarefa
no campo asociativo en diferentes entidades. Desde hai máis de vinte
anos e ten colaborado en publicacións como "Tempos novos".
"Novas da Galiza", "Sermos Galiza", "BD
Banda", "Boletín galego de literatura" e "Adra".
Tamén ten participado en charlas e mesas redondas sobre diversas
cuestións.
Ademais.
na actualidade mantén o blog http://donatural.blogaliza.org,onde
reflexiona sobre diferentes cuestións vencelladas á identidade e ao
patrimonio cultural.
Na
conferencia que impartirá na Casa da Cultura de Lérez, Germán
Ermida tentará, con máis preguntas que respostas, abordar a
complexa problemática do que se deu en chamar feísmo, termo aínda
sen perfilar, que pode referirse a aquelas construcións e
realizacións humanas caracterizadas por un alto grao de
mediocridade.
Hoxe
en día, os medios de comunicación e a propia administración
presentan o feísmo como un problema urxente para a sociedade
galega. No entanto, detrás desta idea existe toda unha serie de
preconceptos, relacións de poder e cuestións sociais que non sempre
resultan evidentes e que Germán Ermida pretende esclarecer
formulando interrogantes como, até que punto o feísmo existe ou
simplemente se quere ver? Quen determina o que é feo? E, detrás da
uralita e do tixolo à vista, non haberá outros problemas máis
graves? A conferencia irá acompañada de exemplos gráficos sobre os
que debater estas e outras cuestións.
Para
o próximo mes de marzo a programación de “Venres Culturais
Cedofeita” ofrecerá a conferencia de Mercedes Torres sobre
toponimia dos arredores de Pontevedra. Tamén terá lugar na casa da
Cultura de Lérez, o venres, día 27, ás 20,30 h. Coma sempre, a
entrada será de balde ata completar aforo.
Asemblea Xeral Ordinaria
Data:
xoves, 12 de marzo de 2015.
Lugar:
Local social. Casa da Cultura. R/ Leandro del Río 12
Hora:
9 da noite.(en 2ª e definitiva convocatoria)
Orde do día:
1.º Lectura da acta
da sesión anterior e aprobación, se procede.
2ª Memoria de
actividades realizadas.
3º Plano anual de
actividades para 2015.
4º Estado de contas
e orzamento para o próximo exercicio.
5º Rogos e
preguntas.
Asemblea Xeral Extraordinaria
A continuación da
asemblea sinalada anteriormente, terá lugar Asemblea Xeral
Extraordinaria coa seguinte :
Orde do día:
Punto único: Elección
de Xunta Directiva.
Nota:
As candidaturas para Xunta Directiva poderán presentarse ata unha hora
antes da hora de comezo da Asemblea Ordinaria ( 8 da noite) no local
social ou dirixíndose ao secretario.
sábado, 24 de enero de 2015
Concerto en Lérez
Concerto
da coral “Voces Amigas” de Mourente
na
Casa da Cultura de Lérez
O
próximo venres, 30 de xaneiro, ás 20,30 h., a coral “Voces
Amigas” de Mourente dará un concerto na Casa da Cultura de Lérez,
dentro da programación dos xa habituais “Venres Culturais
Cedofeita”.
Esta
coral, aínda que se rexistrou no ano 2011, xa comezara a súa
andaina anos antes, sendo a súa presentación en agosto de 2009, no
local de Sociedade Cultural Deportiva de Mourente, con motivo do
cincuenta aniversario desta entidade. Naquela actuación, estrearon a
creación propia “Mourente bendita terra”, que foi a admiración
dos asistentes.
Dentro
das súas moitas actuacións, cabe destacar as que vén realizando
ano tras ano no Teatro Principal, coincidindo coas festas das letras
galegas e de nadal, e na praza da Ferrería, pola Peregrina. Ademais
ten actuado en varios auditorios e centros sociais de Galicia, en
colaboración con concellos e coas deputacións de Pontevedra e A
Coruña. A súa última actuación relevante tivo lugar no auditorio
de Padrón o pasado mes de novembro co gallo do Festival de Santa
Cecía.
Formada
por trinta e dúas voces mixtas, está dirixida por Manuel Rey
Lapido. A ilusión dos seus compoñentes é dobre. Por un lado,
pasalo ben cantando toda clase de melodías e, polo outro, formar
parte dunha das tradicións máis arraigadas de Galicia como é o
canto coral
No
concerto da casa de Cultura de Lérez deleitarannos co seguinte
repertorio: “Popurrí galego nº 1”, arranxo de “Voces Amigas”;
“Fisterra”, canción popular; “O muíño das aforas”, canción
popular; “Os meus amores”, arranxo de “Voces Amigas”;
“Morena” canción popular e “Popurrí galego nº 2”, Arranxo
de “Voces Amigas”.
No
intermedio, Esther Casalderrey e Chiruca García escenificarán unha
selección de pullas,
antigas retesías entre mulleres de Lérez e Mourente.
Para
o próximo mes de febreiro a programación de “Venres Culturais
Cedofeita” ofrecerá a conferencia de Germán Ermida que versará
sobre o feísmo no urbanismo galego. Tamén terá lugar na casa da
Cultura de Lérez, o venres, día 22, ás 20,30 h. Coma sempre, a
entrada será de balde ata completar aforo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)