viernes, 25 de julio de 2014
martes, 26 de noviembre de 2013
Presentación do nº 17 da revista CEDOFEITA
Presentación do
número 17 da revista CEDOFEITA
O
vindeiro xoves, 28 de novembro, ás oito da tarde, na Galería
Sargadelos de Pontevedra, terá lugar o acto de presentación do
número 17 da revista CEDOFEITA editada pola asociación do mesmo
nome de Lérez.
O
presenta número consta de dezaseis artigos nos que se tratan os
máis variados temas como ven sendo habitual na revista. A historia
está representada por colaboracións do antropólogo Rafael Quintía
que nos achega ao deus Vestio Alonieco nun documentado estudo acerca
desta figura do pasado máis lonxano de Pontevedra; o profesor Xosé
Abilleira rememora o novecentos aniversario da consagración
episcopal, feita na igrexa de Lérez, dos bispos Munio e Hugo
e coa presencia, entre outros, dos arcebispos Xelmírez de
Compostela e Mauricio de Braga; o tamén profesor Alfonso Mumary
Ruibal continúa co tema do número anterior escribindo sobre
escrituras e litixios sobre a Casa do Barón de Pontevedra;
achegándonos máis aos nosos días, o historiador Enrique Acuña
obséquianos cun relato sobre o moinante máis coñecido dos
relacionados coa parroquia lerezá: o carteirista Venerando e Xosé
Álvarez adéntranos nas interioridades da masonería pontevedresa
dos anos trinta do pasado século.
Os xastres e costureiras de
Lérez tamén teñen o seu lugar mediante un documentado artigo de
Xaime Iglesias, ao fío da exposición realizada pola asociación
CEDOFEITA este verán. Tamén sobre Lérez tratan os artigos de
Benigno Iglesias, que entrevista a un dos personaxes máis populares
de Lérez e de Pontevedra como é Raimundo Piñeiro “Pechecho” e
Esther Casalderrey que nos conta sobre o que rodeaba a festa de
santa Lucía.
O micólogo Xaime Blanco
aporta a novidade dunha especie por el descuberta nos nosos montes: o
Cheimonophyllum pontevedrense, que é o nome proposto para
este fungo. A sección de Novos cultivos, da man de Xosé Álvarez,
trae novas sobre as xudías de metro, chamadas así pola súa
extraordinaria lonxitude. Dous artigos sobre temas de actualidade, un
sobre o mundo das ludopatías como lacra social, escrito por Eloy
Martínez e Javier González , e outro do profesor José Raposeiras
sobre Formación e orientación profesional acerca dos aspectos
básicos do recoñecemento oficial das competencias profesionais
adquiridas ao longo da vida.
Outros artigos como a
habitual sección de humor a cargo de Xosé Manuel Castro, un
apartado adicado a lembrar recitados infantís por Xaime Iglesias e o
artigo “Que será de nós” a cargo de Juan Antonio Loureiro,
xunto coa sección de actividades, pechan este número da revista.
Na presentación
intervirán varios colaboradores da revista.
A asociación CEDOFEITA
convida a todos os pontevedreses e pontevedresas a asistir ao acto
que será público.
lunes, 4 de noviembre de 2013
Cogomelos
ACTIVIDADES
MICOLÓXICAS
XIX
Xornadas Micolóxicas
NOVEMBRO
2013
Venres,
8, ás 8 e media, na
Casa da Cultura de Lérez, charla
sobre “Cogomelos tóxicos”.
Sábado
día 9
terá lugar unha saída ó monte para a recollida e clasificación
de cogomelos. Dita saída partirá da Casa da Cultura (R/ Leandro del
Río nº 12) ás
9
da mañá
e estará dirixida polo grupo micolóxico Sendeiriña
(Cedofeita).
A
asistencia a estas actividades é libre e gratuíta. Para a saída ao
monte recoméndase levar cesta e roupa axeitada.
ORGANIZA:
Asociación socio-cultural
CEDOFEITA.
Lérez
lunes, 21 de octubre de 2013
Venerando, os moinantes de Lérez e a delincuencia pontevedresa
A
Asociación Sociocultural CEDOFEITA
de Lérez comprácense en convidar a vostede á conferencia que
pronunciará Xosé
Enrique Acuña,
“Venerando,
os moinantes de Lérez e
a
delincuencia en Pontevedra”
martes, 23 de julio de 2013
miércoles, 15 de mayo de 2013
sábado, 17 de noviembre de 2012
Dúas Letras
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



